Compañeir@! Os tripulantes que faenaban na flota galega de - TopicsExpress



          

Compañeir@! Os tripulantes que faenaban na flota galega de Mauritania levan 14 meses defendendo o dereito a traballar e vivir do mar. Non teñen axudas, moitos tiveron que mirar como nestes últimos meses se desguazaban case a metade dos 24 barcos que faenaban e mesmo algún se vendía a terceiros países. A galega é a única flota europea expulsada inxustamente do caladoiro por un acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania. Nel inclúense os marisqueiros andaluces, os barcos factoría (ou peláxicos) de máis de 140 metros de eslora (dos nosos o máis grande andaba nos 40m) e mesmo os que non pescan para consumo humano e si para fariñas, mais non os barcos cefalopodeiros galegos que andaban ao polbo. Ao mesmo tempo que a UE non permite que os nosos barcos faenen durante dous anos, por seica problemas no caladoiro que varios informes científicos desminten, Mauritania asina acordos, por exemplo con empresas chinas por 25 anos e menos dunha cuarta parte dos 70 millóns que a UE paga a este país anualmente (por un acordo que nos exclúe, e que polo tanto inclúe menos barcos pescando). É evidente que é unha decisión política a que impide pescar á nosa flota... tanto é así que dende hai 14 meses todo o polbo conxelado que entra en Galiza é pescado pola flota chinesa na súa maioría, mentres o que queda da nosa flota apodrece amarrada, as familias dos tripulantes quedan tiradas e liquidan un sector economica e culturalmente fundamental para Galiza. Previsibelmente nas próximas semanas se decida definitivamente o futuro dos barcos que faenaban neste caladoiro, e con el o futuro de comarcas enteiras como as do Morrazo onde postos de traballo vinculados a subministros, asteleiros, comercios, transportistas ou conserva, entre outros, están en perigo. O día 4 temos manifestación (xa levamos moitas )ás 20:30 en Marín. Por favor, apóiaos, apóianos. Son 10 segundos, entra na páxina ( https://facebook/SosFlotaGalegaEnMauritania ) dálle a gústame e difunde. Que non desguacen o noso futuro. Grazas
Posted on: Mon, 23 Sep 2013 21:02:07 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015