Hoxe estou decepcionado, sinto que onte en Balaidos ATRACARON o - TopicsExpress



          

Hoxe estou decepcionado, sinto que onte en Balaidos ATRACARON o noso CELTA. Estou molesto pola pouca importancia que a prensa lle da ás xogadas que perxudicaron o noso equipo. Sen ir máis lonxe o sábado pasado, co partido do clásico, a prensa puxo o berro no ceo cos penalties non pitados a favor dun grande, hoxe, non se lle da importancia o que ocorreu onte en Balaidos, nin hoxe, nin onte, porqué ainda despois de rematar o partido, na televisión seguían a dicir que Charles se tirara e deixou a perna para derribar a Valdés, (que collóns teñen). A man dentro da área de Song pasou por alto, algo que debería ser penalti, (a televisión di que e involuntaria), si, ¡a cona!, Borja Oubiña foi expulsado ca segunda tarxeta amarilla en Sevilla contra o Betis por unha xogada igual. Non quero dicir con esto que tivéramos que gañar o partido, pero coma di o meu amigo Alberto YahoraKe: Certas xogadas condicionan o partido. E non e o mesmo ir o descanso, (xogando ben), co empate a un, que perdendo 0-1. Farto estou de que sempre lle den máis poder os ricos do fútbol, e que os árbitros saian impunes dos seus erros (sin ser profesionales). O Barcelona e o Madrid creo que non necesitan axudas arbitráis, xa compiten con ventaxe económica. Señores dos medios de comunicación, por favor, sede imparciales, os 18 equipos restantes da primeira división tamén contribúen para que exista La Liga. E se non, a solución para restarlle importancia o Barça e o Madrid, e que tódo-los equipos xonguen contra eles cos xuveniles, e que se maten eles dous, a ver se así as televisións, os árbitros e LFP lle seguen a dar a importancia que lle dan agora.
Posted on: Wed, 30 Oct 2013 13:38:54 +0000

Trending Topics



Recently Viewed Topics




© 2015